Galiza Nova: “Á hora de de invertir no futuro da mocidade e da cultura, coma sempre, faltan cartos”.
Galiza Nova de Tui, mostran a súa solidariedade “cos compañeiros e compañeiras, así como coa anterior directiva e profesorado, da Escola Municipal de Música e do Conservatorio Profesional de Música de Tui, ante a situación que están a vivir”, despois de que dimitiran por discrepancias coa concelleira de Educación, Patricia Ricón Alonso.
Segundo a nosa opinión, «o total abandono e incomprensión por parte do Concello de Tui e, en especial da concelleira responsábel de Educación, Patricia Ricón Alonso, levou á supresión do curso preparatorio para os alumnos máis novos e á reducción da duración das clases individuais do grao elemental dunha hora a media hora», xa que ao introducir os cambios esixidos polo novo sistema de ensinanza do grao medio de música, segundo o concello, «saian demasiadas horas de clase» nos horarios do novo curso, e «non había cartos para pagalas». Tras varias reformas do horario para o novo curso e logo do inicio dunha negociación que a actual Corporación Municipal do PP nunca tomou en serio, o anterior equipo directivo presentou, farto da situación, a súa dimisió.
«Esta explicación de falta de cartos –na nosa opinión- cae polo seu propio peso». Poñen como exemplo que o Concello de Tui ven de gastar 66.000 euros nas macetas da rúa Rosa Bahamonde ou que gasta mensualmente 2.300 euros dos contribuíntes en chamadas de teléfonos móbeis, outros 4.000 euros mensuais en mantemento de parques infantís, e un longo etcétera de despilfarro e gastos dificilmente xustificábeis». Sen embargo, inciden, «á hora de invertir no futuro da mocidade e da cultura, coma sempre, faltan cartos».
Con isto e as respectivas notas de prensa, dende Galiza Nova, esiximoslle ao concello que «recapacite e que lle dea a importancia e a posta en valor que merece o Conservatorio como centro de ensinanzas artísticas e de difusión da cultura».


